sonsgaliza@sonsgaliza.gal
Teléfono: 982 303 299

Xosé María Álvarez Blázquez. Entre o Miño e o mar de Vigo

Xosé María Álvarez Blázquez. Entre o Miño e o mar de Vigo

    Libro + CD + DVD

    A compañía discográfica Sons Galiza pon no mercado o proxecto XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, ENTRE O MIÑO E O MAR DE VIGO, en edición LIBRO-CD-DVD.
    Este traballo multimedia é o número dous da colección O SON DA PALABRA.
    A colección comezou co volume MARIA MARIÑO,PALABRA NO TEMPO QUE COMENZA e naceu para publicar textos literarios musicados nos que se inclúen documentais biográficos dos creadores.

    A entrega en torno á vida e obra do escritor tudense componse dos seguintes formatos: un CD que baixo o título xenérico de “COLORÍN” contén 11 temas doutros tantos poemas do libro de poemas infantís ROSEIRA DO TEU MENCER, dedicado por XOSÉ MARÍA á súa filla María Luísa, coñecida familiarmente por “Colorín”; un DVD dunha hora de duración no que se narra a biografía de ÁLVAREZ BLÁZQUEZ dende o seu nacemento en Tui, ata a súa marcha a Vigo pasando polo seu desterro en Coreses (Zamora) ou o tempo que pasou na cidade asturiana de Oviedo.
    No documental interveñen diferentes membros da familia Álvarez Blázquez: a súa dona María Luísa Cáccamo, as súas fillas, Elena e Berta, os fillos Xosé María, Alfonso e Celso. Tamén interveñen os seus sobriños Dario e Alfonso Álvarez Gándara e un abano de amigos que coñeceron a este activista da cultura como son entre outros: Dario Xohan Cabana, Luís Ferreiro, Francisco F. Del Riego, Víctor F.Freixanes, María do Carme Krukenberg, Marga Romero, Rafael Sánchez, Lalo Vázquez Gil, etc.

    Esta publicación está pensada para dar a coñecer o inxente labor que fixo a prol da cultura galega este egrexio persoeiro e ao tempo para que sirva como material para a docencia.

    Os poemas musicados son obra de Eloi Caldeiro igual que a dirección do documental.

    Na actualidade, o grupo de músicos que fixo a gravación dos temas está a ensaiar para levar a diferentes partes do país concertos de música infantil durante o mes de maio co gallo de dedicarlle o día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez.

    1. Durme nenniña
    2. A frol
    3. No rego do prado
    4. Polo laranxal
    5. Nena neniña
    6. Arco da vella
    7. O año pitaño
    8. Era una airiño soave
    9. Ai! Nena
    10. Voa Maruxiña
    11. Colorín
    BrathEnxebre