sonsgaliza@sonsgaliza.gal
Teléfono: 982 303 299

Ramón Piñeiro. A terra e a saudade

Ramón Piñeiro. A terra e a saudade

    Libro + Cd + DVD

    Co gallo de dedicar o día das letras galegas ao escritor Ramón Piñeiro a compañía Sons Galiza, seguindo a xeira comezada hai dous anos coa edición do libro/disco/dvd sobre María Mariño Palabra do tempo que comenza e que continuou con Xosé María Álvarez Blázquez Entre o Miño e o mar de Vigo edita un libro/disco/dvd cun documental biográfico e un Cd baseado en textos do autor de Láncara. O libro inclúe textos con fotografías de lugares e feitos importantes na vida do autor.

    O DVD conten un documental cunha duración aproximada de 90 minutos. Nel faise un percorrido pola vida do autor dende o seu nacemento en Láncara, pasando polas vicisitudes ao longo da súa vida, as súas incursións no mundo editorial, e todo a seu intenso labor cultural e de investigación, ata o seu pasamento en 1990.

    No documental participan destacados persoeiros da vida cultural e política do noso país, familiares e amigos que compartiron a súa vida e as súas inquedanzas.

    As persoas que interveñen no documental: Francisco Fernández del Riego, Victor F. Freixanes, Miguel Barros, Anibal Piñeiro, Benxamin Casal, Camilo Nogueira, Anxela López (sobriña de Ramón Piñeiro), Xavier Alcalá, Paco Martín, Ramón Villares, Xosé Luis Allué, Eduardo Gutierrez, Xosé Luís Franco Grande Eduardo Gutierrez, Xosé Luís Barreiro Rivas etc.

    Características da edición

    Libro tamaño 13,5 x 12,5 cms, apaisado.

    Con gardas sen impresión en papel Popset de 170 gr.

    Portada en cartoné ao cromo cun cartón de 2mms, forrado cun papel estucado de 150 g. impreso a 4/0 tintas e plastificado mate 1/c.

    Porta CD e DVD.

    1. O menosprecio da lingua
    2. O espírito da saudade (inst.)
    3. Amar á terra
    4. Cartas (inst.)
    5. Home pobo
    6. Láncara (inst.)
    7. O menosprecio da lingua (inst.)
    8. Amar á terra (inst.)
    9. Home Pobo (inst.)
    BrathEnxebre