sonsgaliza@sonsgaliza.gal
Teléfono: 982 303 299

Brath

Brath
Nome
Brath
Ano de inicio
1980

Brath  Biografía

BRATH é a banda que no ano 80 incorpora por primeira vez ao folk galego instrumentos que ata daquela estaban reservados para o rock, como a batería e as guitarras eléctricas. Con esta nova visión da música galega, que naqueles momentos foi toda unha revolución, iniciouse un camiño que aos poucos percorrerían a maioría dos grupos galegos.

Brath que nacía coa filosofía de achegar á xente nova unha nova música galega utilizou desde principio a mestura de diferentes estilos musicais como o rock ou músicas de outras latitudes, para a través de diferentes fórmulas, crear unha música galega renovada a partir de elementos da tradición.

Nestes 41 anos o grupo que lidera Eloi Caldeiro gravou 13 álbums e varias bandas sonoras para o cinema e tv., participando en discos colectivos e recompilatorios.

No ano 2001 foi nomeado aos Premios da Música da SGAE co tema “ Burka” como mellor canción en galego. Asemade BRATH levou a súa música a diferentes países de Europa e América, nos preto de 1000 concertos que ofreceu nestas catro décadas. Lugares tan emblemáticos como o Auditorio do Monte do Gozo en Santiago, o Auditorio García Barbón de Vigo, Palacio de Opéra da Coruña, Teatro Real de Madrid, Auditorio Manuel Falla de Granada, Teatro Campoamor de Oviedo, Centro Cultural de la  Villa (Madrid), Auditorio de Monjuich en Barcelona, Expo 92 de Sevilla, son algúns dos marcos que acolleron a música de BRATH.

Tamén actuaron en diferentes festivais, como o Festival Interceltico de L´Orient (Bretaña), Festival de Ortigueira, Festival Celta de Vigo, Segovia Folk, Festival de Murcia,, Festival da Guitarra de Córdoba… etc e en diferentes países europeos como Portugal, Francia, Italia.., ou América: Arxentina, Brasil, e centos de programas de radio e TV.

O pasado verán BRATH foi escollido pola CRTVE-RADIO3 para representar a España no EuroRadioFolk Festival que se celebrou en Moscova, onde compartiu con grupos e artistas de diferentes lugares do mundo; onde acados u un importante éxito. O concerto foi emitido en máis de 50 países de todo o mundo pola radio e a televisión.

Caldeiro, compositor voz e batería de BRATH, foi pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos e estilos. Xa no ano 1976 funda o primeiro grupo de rock galego “TEBRAS” donde ademais de cantar en galego mestura por primeira vez a gaita coa batería e as guitarras eléctricas, no que se deu en chamar Rock Progresivo. No ano 1980 funda BRATH, con filosofía parecida á anterior, abandonando os textos nos temas.

Inicialmente Eloi é batería e percusionista do grupo, pero a partir do ano 1999 ademais de batería pon a voz xa que a partir deste ano, BRATH abandona a línea instrumental, para incluir letras nalgúns temas. No ano 2014 BRATH lanza o seu disco “Codex” onde as melodías e ritmos celtas camiñan da man do flamenco, o que os leva a participar no prestixioso “Festival de la Guitarra de Córdoba”, logrando un gran éxito. No verán de 2017 BRATH estivo invitado durante sete semanas no programa “Feirantes” da Televisión de Galicia.

Na actualidade remata de gravar o seu novo disco, titulado xenericamente “ Clan Atlante” que estará na rúa no outono. Nesta nova entrega discográfica BRATH mergúlla  composicións de fondo raigame galego coa música indie e alternativa mesturada cos sons do jarocho mexicano, dando como resultado un traballo ecléptico e diferente. Nestes 41 anos de carreira musical Brath compartiu cartel e escenario coa maioría dos artistas do folk e outras músicas de recoñecemento internacional, entre os que citaremos Alan Stivell, Gwendal, Boys of the Loug, Oskorri, Julio Pereira, David Spillane, Omara Portuondo, Pat Metheny, Joe Satriani, e un longo etc; ademais da maioría dos grupos galegos.

DISCOGRAFÍA:

  • KALAIKIA (1982)
  • VIAXE ALEN DE FISTERRA (1985)
  • HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO (Varios artistas) 1988
  • LEMBRANZA DA AUGA (1988)
  • NEBOA INFINDA (1992)
  • MILENIO CELTA (Varios artistas) 1988
  • CINCO (Nominado aos Premios de la música tema “BURKA”) 2000
  • VIEIROS (Varios artistas) 2000
  • RODEIRA (2001)
  • XX SECULOS DE NOIVADO (BSO. Serie 13 capítulos para Tv.) 2002
  • OCEANA (Varios artistas) 2002
  • NUNCA MÁIS (Varios artistas) 2003
  • TRONANTES SONFOLK (Varios artistas) 2003
  • O LADRON DE RELIQUIAS (BSO. CINE) 2004
  • O LATEXO DO FOGO (2004)
  • BULEVAR OCEANO VOL. 1 (2005)
  • INTRES (2006)
  • CODEX (2013)
  • ENXEBRE (2017)
  • CLAN ATLANTE (Outono 2021)

Discos de  Brath

BrathEnxebre