Sons Galiza foi fundada no ano 1.988 como un proxecto cultural para a comunicación, edición e difusión da cultura galega. Da súa factoría saíron moitos dos artistas da música galega actual e outros que forman parte da historia da nosa música. No seu catálogo conta con mais de trescentas producións. Nestes vinte e tres anos de andadura polos seus estudios de gravación pasaron a maioría de músicos galegos. Paulatinamente a compañía foi incrementando a súa actividade e na actualidade a empresa está estruturada do modo seguinte:
- Sons Galiza Música, coas coleccións, Atlantia, Sons Galicia Discos, O Gaiteiro de Soutelo, Cerne, Móbil Records, Clásicos Galegos, SonsRock…
- Sons Management, contratación e distribución de grupos de Folk, Rock, Jazz, programación e organización de concertos, organización de eventos culturais, como conferencias, encontros, etc.
A exportación da nosa cultura a nivel internacional coa asistencia a feiras como o Midem en Cannes ou o Womex fan que a nosa cultura este presente en países como Francia, Alemania, Inglaterra, Xapón etc.
Proxectos de comunicación de grande envergadura como a edición da colección Son de Galicia para o xornal La Voz de Galicia do que se editaron máis de 1.300.000 CD’s proban o dinamismo desta empresa. Outras coleccións tamén para o xornal La Voz de Galicia son O Son e a Terra da que se editaron 300.000 libro/cds e a colección Rondallas de Ferrolterra da que se editaron 100.000 CD’s.
A finais dos 90 convoca o certame Galiza SonsFolk, para novos interpretes de música galega, que se celebrou por primeira vez no ano 1.998 co gallo do 10º cabodano da fundación da compañía, o gañador deste certame asina un contrato con Sons Galiza para a edición dun CD e a posibilidade doutros dous. Así mesmo e coincidindo co XV aniversario da compañía convocouse xunto cas Universidades de Santiago e Vigo o concurso CampuSons para grupos de Rock e afines.
Actualmente está inmersa no proxecto Galiza 3000 que dará lugar a edición de 300 Libro-CD, consistente na gravación de 3000 pezas de música tradicional galega da que xa se gravaron máis de 200 temas. Sen dúbida este proxecto é un dos máis ambiciosos da cultura galega que conformará nos próximos 10-15 anos a enciclopedia de audio máis importante do país.