sonsgaliza@sonsgaliza.gal
Teléfono: 982 303 299

Codex

  • a-raiola-verde
    18
  • a-terra-derradeira
    14
  • balata
    11
  • camino-do-mar
    11
  • compista-tella
    9
  • eterna-caravana.-alen
    7
  • porto-vigo
    11
  • teixido
    9
  • torre-de-hercules
    8
  • verea-antiga
    6

Brath nome do caudillo celta de Galicia, é na actualidade o alter ego de Eloi Caldeiro, compositor, voz e batería do grupo.

Brath , banda de música celta, nace no ano 1980 e caracterizase dende a súa fundación pola mestizaxe da música celta con ritmos e melodías de diferentes lugares e estilos, presenta o seu novo álbum, titulado xenericamente “Codex“.

Dende os seus inicios Brath  foi mesturando a música celta co rock, o pop, a bossa, a música africana, a árabe … e todo facía presaxiar que Eloi, más pronto que tarde incorporaría o flamenco a esta mestizaxe, e así foi.

Aínda que en anteriores discos Caldeiro xa realizara algunhas aproximacións á música flamenca, nunca ata agora construíra os temas con tan clara vocación. Porque os temas de “Codex“, que así se chama o novo disco de Brath, non só se mesturan co flamenco, se non que se funden nun intenso abrazo de melodías e ritmos, dando como resultado una simbiose nunca antes conseguida. As melodías e ritmos celtas, camiñan da man cos do flamenco, dunha forma natural e fluída, sen perder ningunha das dúas sinais de identidade. Para chegar a este grao de comuñón, Caldeiro, incorporou á banda a Alberto Lucena, guitarrista andaluz que atesoura todo o embruxo do mundo flamenco.

Con este novo paso Brath convertese nun dos grupos líderes na fusión e a mestizaxe, porque ademais do flamenco, presente en todos os temas, no disco hai pinceladas de música africana, árabe ou medieval, que fan de Codex un compendio de músicas de distintas culturas, ao que hai que engadir as letras do disco, escritas por Caldeiro, que ademais de músico é poeta e letrista. Nelas descríbense os distintos camiños polos que os peregrinos chegaban aos confíns do mundo, para ver como o sol se fundía no mar.

Os textos de “Codex” falan das lendas de estas terras do fin do mundo que para os pobos antigos atopábanse en Galicia, no extremo máis occidental do mundo, en Fisterra, o fin da terra.

Queres mercar este disco en CD? Contacta con nós

Outros discos deste xénero 

Dhais

Dhais

Folk / Celta/ World Music
Lembranza da auga

Lembranza da auga

Folk / Celta/ World Music
De Nubeira e outras verdades

De Nubeira e outras verdades

Folk / Celta/ World Music
Danza Prima

Danza Prima

Folk / Celta/ World Music
Loaira

Loaira

Folk / Celta/ World Music
BrathEnxebre